jueves, 9 de febrero de 2017

Lucia Berlin






Cando comezamos a ler un libro de ficción establecemos un pacto co autor, é un compromiso de credibilidade. Se non atopamos verisimilitude no relato, abandonamolo ou rompémolo.
"Manual para mujeres" podemos definila como obra de autoficción = ficcion + autobiografía. Para Magrinyá “El género llamado ‘autoficción' podríamos llamarlo en general ‘autorretrato favorable'. Eso incluye también contar lo desastroso que uno es y lo dolido que uno está, que es otra manera de extender la pincelada”
Darío villanueva afirma: "Pero no olvidemos que escribir sobre tu realidad significa de suyo cierta forma de impostación. Ya lo decía Pessoa, el poeta es un fingidor. Vistas las cosas así, la frontera entre realidad y ficción resulta muy sutil”. ”Mi madre -contó uno de sus hijos- escribía historias verdaderas; no necesariamente autobiográficas, pero por poco”
Cando comenzamos a ler pronto nos damos conta de que os relatos de Lucia Berlin están construídos sobre a autenticidade, teñen claramente que ver coa súa vida intensa e axitada, son relatos autobiográficos. Son o testimonio creíbel dunha vida con máis sombras que luces. Así que percibimos inmediatamente unha certa empatía e rubricamos instintivamenete o convenio de confianza e comezamos a preguntarnos como diaños consegue esta autora elevar semellante monumento literario sobre a materia dunha vida tan pouco glamourosa, sobre os episodios do día a día En Lucía Berlin atopamos sinceridade de forza, un ritmo tranquilo e fluido e a veces veloz, economía na linguaxe,cConcreción ao nomear as cousas, gran capacidade de observación, coincidencia sonido-significado, Contraste: vulgaridade-fealdade, cotidiano-extraordinario, romanticismo-realismo, desapego, compasión, detalle específico, economía…. E humor. Evoca o punto culminate do relato de maneirea cinscusnspecta, deixa ó lector que o intuia. Os finais, chegan de golpe, sorprendentes e inevitables, moitas veces abertos. O xerme da historia: algo simple, pero a imaxe ha de conectar cunha experiencia intensa e concreta. A historia non debia ser artificiosa nen inxeniosa, debia salir de dentro, ter peso emocional. O conxunto dos relatos paracen constituir un relato maior, unha novela. A medida que avanzamos na lectura as pezas do puzle encaixan á perfección. Parecen indicar unha liña de tempo de vida

No hay comentarios:

Publicar un comentario