jueves, 9 de febrero de 2017

Literatura xaponesa: instruccións de uso





Para achegarnos á literatura xaponesa debemos evitar o chamado “efecto kimono”, isto é, non valorar as obras porque nos resulten exóticas. É certo que nos atrae a idea dunha sociedade moderna e avanzada, pero lonxana, de estética exquisita, amante da tradición, e de comportamentos singulares
Un dos prexuízos máis extendidos ven sendo o do suicidio. É certo que é un temas bastante recurrente na súa literatura e que a nómina de escritores xaponeses suicidas é ampla: o de Mishima é o máis famoso (ao xeito dos samurais, unha carnecería ritual, o hara kiri), pero outros suicidios como o de Kawavata, premio Nobel, autor de “As belas adormentadas” que influiu grandemente en moitos escritores nipóns contemporáneos, foi máis normaliño, xa ancián e enfermo, deprimido e moi afectado polo harakiri de Mishima. Para contrarrestar este tópico podemos pensar que o índice de suicidios nalgúns países nórdicos europeos é superior ao de Xapón, cuia taxa esta no posto 12 a nivel mundial
Convén saber que Xapón goza dunha longa tradición literaria, incluso máis que a europea. A “Historia de Genji” ven sendo a a súa obra cumbre, foi publicada no ano 1008 e está considerada unha das novelas máis antigas da historia.
Caracterízase esta literatura, ademáis, polo seu espítiru de continuidade e tamén pola súa capacidade de asimilación de influencias doutras culturas.
A literatura xaponesa está de moda, autores como Murakami ou Banana Yoshimoto son amplamente lidos en occidente grazas a que nos atraen os valores tradicionais cos que o sintoísmo e o budismo inundan a súa creación literaria. O SINTOÍSMO ensina a establecer unha relación persoal coa natureza, entre a persoa e o que a rodea, relación que non é é dualista, con creador e criatura, como en Occidente, senon que a persoa é parte da natureza e ten unha deuda con ela, polo tanto a persoa debe ter unha actitude vital de agradecemento á natureza. Esta disposición a correspondela que se ven plasmando nunhas composicións poéticas tradicionais denominadas haikus son agora relevantes para as sociedades occidentais, como a nosa. Estamos a falar por exemplo do respeto ós ciclos da natureza e a esta como necesidade de refuxio fronte ó vértixe da sociedade actual, do que tamén extraen unha percepción do tempo diferente que contaxia á súa literatura nun descorrer lento

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada