jueves, 9 de febrero de 2017

Circe ou O pracer do azul, de Begoña Caamaño





Novela publicada no ano 2009 pola editorial Galaxia, ven de ser editada, esta vez en castelán nunha versión de Xosé Antonio López Silva, pola editorial Mar Maior, un novo selo da editorial Galaxia que publica títulos destacados do seu fondo en galego para o mercado en lingua española. Begoña Caamaño faleceu recentemente, con tan só 50 anos. A sua vida profesional denvolveuse no ámbito do xornalismo, no eido da radio, onde ademáis desenvolveu labores de carácter sindical
Comeza a publicar no ano 2009, hai tan só 8 anos, o que nos deixa o desasosego de quen ve truncada unha carreira literaria moi prometedora, unha achega de calidade á literatura galega
A novela sitúanos no poema épico da Odisea no que Ulises, despois de guerrear victoriosamente en Troia, emprende unha accidentada viaxe de regreso a Itaca, onde o esperan a súa esposa Penélope e o seu fillo Telémaco. No transcurso da súa navegación Ulises recala na illa de Eeas onde reina a deusa e meiga Circe. O relato de Begoña Caamaño recrea ese lapso de tempo no que Homero, no canto X do seu poema épico, sitúa a estadía do mortal Odiseo na illa “acostándose en el bellísimo lecho de Circe”
A partir deste episodio homérico, a autora concibe unha relación epistolar entre Circe e Penélope. A 1ª convértese no paradigma da muller liberada e non prexuízosa, pero sensible e compasiva e a 2ª ven a representar o estereotipo da muller suxeita ás convencións sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada