viernes, 7 de agosto de 2015

La chica del tren. Paula Hawkins



Páxina 21
A protagonista parece un pouco monomaníaca, obsesionada co tren, vai describindo as súas viaxes cotiás a Londres. Ficción da cotidianidade, materia esta coa que se pode facer gran literatura, pero agora mesmo non estou convencido de que vaia logralo. A través da ventá do tren fíxase nunha casa victoriana, nos seus ocupantes, nun semáforo, nunhas roupas. Percíbese unha ausencia…. Todo isto contado a modo de diario
Páx. 37.
A protagonista comeza a mostrar signos preocupantes de soedade e alcolismo. Xa sabemos cal é a ausencia, (Tom), o ex que a abandonou por outra. A lectura continúa a ser insubstancial e anodina.
Páx. 43.
Sinto síntomas de cansazo lector, máis narración de vida cotiá intrascendente.
Páx. 97.
A muller habitadora da casa victoriana desaparece, xa hai argumento e misterio e supoño que Rachel, a protagonista, encargarase de desvelalo Que lle vaia ben, Síntoo, non podo máis, coñazo!!!!