miércoles, 4 de marzo de 2015

El hombre que amaba a los perros, de Leonardo Padura

A Padura tivemos a oportunidade de lerlle dúas novelas: "Herejes" e "El hombre que amaba a los perros". A 1ª, na que manexa diversos planos narrativos, algo que parece caracterizar a este autor, está inxerta nunha saga protagonizada polo detective tropical Mario Conde ( o holocausto xudeo, a misteriosa desapación dun cadro de Rembrandt, a vida deste autor cun marabilloso estudio da súa obra, en especial "A ronda de noite) ; planos narrativos tamén na 2ª, que vén sendo unha biografía novelada da vida e morte no desterro de Lev Davídovich Bronstein (León Trotski). Hai moita literatura e estudos históricos para acercarse ó período estalinista na extinta URSS, pero esta novela parécenos especialmente útil para acometer esa tarefa. Boa parte do ideario dos partidos políticos que defendían a República contra o franquismo -que tamén diso vai a novela- aspiraba a espallar e ver reflectida por todo o mundo a perfecta dictadura do proletariado xa triunfante na URSS. Caiu o telón de aceiro, o muro de Berlín e a URSS, e vén un cubano, Leonardo Padura, a recordarnos e a invitarnos a reflexionar sobre o mal do dogmatismo que marcou a tantas xeracións de loitadores

No hay comentarios:

Publicar un comentario