viernes, 1 de agosto de 2014

Las reputaciones. Juan Gabriel Vásquez (Alfaguara)

O mesmo día que Javier Mallarino, un famoso caricaturista colombiano, recibe unha homenaxe pola súa dilatada e brillante carreira prefesional, é abordado por unha muller, Samanta Leal, que lle vai reclamar a revisión dun episodio turbio ocorrido na casa do debuxante cando Samanta non tiña máis que 6 anos. Partindo desta trama argumental, Juan Gabriel Vásquez, escritor colombiano que coñecimos grazas á “El ruido de las cosas al caer” (Alfaguara 2011), comparte co lector unha serie de reflexións sobre a memoria, de como os recordos nos manipulan, nos confunden e nos fan dudar daquilo que creemos evocar con obxectividade. Da conveniencia ou inconveniencia de exercerla, porque pode presentársenos como un factor de inestabilidade emocional.