martes, 10 de junio de 2014

Futuro imperfecto. Xulia Alonso

Xulia Alonso naceu na Rúa (Ourense)en 1961, cursou bacharelato nesta vila e matriculouse en psicoloxía na Universidade de Santiago en 1979, estudios que, segundo ela mesma recoñece, nunca iniciou. En 1981 comeza a traballar como auxiliar administrativo na Xunta de Galicia, traballo que desenvolverá ata o ano 2008.

Sobre "Xulia Alonso"
La irrupción del sida en el panorama mundial a principios de los años ochenta marcó su vida, al ser diagnosticada como portadora del virus VIH en febrero de 1986, después de varios años de adicción a la heroína. En noviembre de 2010 publica Futuro Imperfecto (Editorial Galaxia), un libro de recuerdos escrito como testamento vital para su hija en el que reconstruye alrededor de la historia central, la de la enfermedad y muerte, a causa del sida, de Nicolás, su marido, los escenarios de su infancia y adolescencia, los primeros años de juventud ya en Santiago de Compostela a finales de los setenta, y su experiencia como adicta y sus consecuencias…….

“Futuro imperfecto” leva xa 4 reimpresións o que, sen dúbida, tratándose dun libro escrito en galego e sen espíritu comercial algún, de confesión autobiográfica íntima, non concebido sequera para ser publicado, mostra claramente, por cuestións que teñen que ver coa honestidade e coa calidade literaria, a boa acollida que está a ter por parte dos lectores. Creo eu que estamos diante dun fenómeno pouco habitual.

Mereceu esta obra o • Premio Losada Diéguez de creación literaria 2011 • Premio San Clemente, no ano 2012 • Premio Frei Martín Sarmiento

Futuro imperfecto. Emotivo, directo, memorial do infortunio, é a memoria dunha historia de amor. Percibimos que se nos está relatando unha verdade incómoda, excesiva, que deixa exposta a intimidade do narrador porque nos está confesando con todo crudeza unha expèriencia vivida., tráxica; pero esta confesión parace querer ser un intento de liberación necesaria, unha especie de catarse purificadora Eu creo que un dos motivos polos que contaxia emotividade no lector é que nesta obra os diversos recursos literarios brotan con moita naturalidade, emerxen de maneira intuitiva e espontánea, acompañando de xeito moi natural a trama da narración, graduando a súa intensidade, exenta de enxeñería literaria.

Marcus Tullius Cicero (106-43 AC) dixo "La vida de los muertos está en la memoria de los vivos".