domingo, 7 de septiembre de 2014

XII CERTAME DE MICRORRELATOS LONXA LITERARIA 2014

Aterase ás seguintes bases: 1.-Os microrrelatos deberán estar escritos en galego normativo cunha extensión máxima de 15 liñas a dobre espazo e cunha letra tipo Times New Roman, nº 12. No texto deberá conter necesariamente a palabra FARO. 2º.-Convócase unha única categoría de participación á que se dotará dun premio dun lote de conservas da ría. 3º.-Se a calidade dos traballos presentados así o aconsella, nomearase un ou dous accésits sen dotación económica. De non acadar a calidade necesaria, o xurado poderá declarar o premio deserto. 4º.-Os traballos remitiranse en sobre sen remitente á LONXA LITERARIA, Centro cultural Daniel Castelao, Quintela s/n, 36950 Moaña, Pontevedra. Dentro deste sobre deberase incluír otro sobre co título do relato no seu exterior e os datos do autor ou autora no interior. 5º.-Remitiranse tres copias de cada dos microrrelatos antes do 31 DE OUTUBRO DE 2014. 6.-O veredicto do xurado farase público o 21 de novembro do ano en curso. En decembro do mesmo ano farase entrega do premio que se debe recoller persoalmente ou por delegación expresa. 7.-A publicación do traballo premiado realizarase a través da páxina web desta asociación (www.lonxaliteraria.net). Non obstante, resérvase a posibilidade de publicación noutro tipo de soportes no futuro. 8.-O feito de concursar supón a aceptación destas bases e a resolución do xurado. 9.-O xurado do certame estará formado por dúas persoas de recoñecido prestixio do ámbito da literatura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario