martes, 8 de enero de 2013

TIERRA DESACOSTUMBRADA, de Jhumpa Lahiri. Salamandra







Cada un destes relatos, de entre 40 e 60 páxinas,  ten a substancia dunha novela. Hai un asunto común a todos eles: a adaptación, máis ou menos feliz, de inmigrantes indios ó modo de vida occidental. Os protagonistas das distintas narracións proceden  da clase acomodada bengalí e desenvolven unha actividade profesional de éxito en USA: estudiante ou profesor universitario, investigador, etc., pero arrastran, na cotidianidade que desenvolven no pais de adopción,  os condicionamentos  e as tradicións sociais e culturais propias do seu lugar de orixe. A interacción entre estes dous mundos en momentos clave da vida dos seus personaxes é o que resolve perfectamente esta escritora empregando un estilo directo  pero sutil e resolvendo cada trama dun xeito sorprendente e eficaz. Absolutamente recomendable