miércoles, 24 de abril de 2013

TODO E SILENCIO-MANUEL RIVAS-EDICIONS XERAIS





Todo é silencio eu considero que é unha boa novela, aínda que no alcanza a cuadratura do círculo, non acaba de ser todo o redonda que o arranque parecía indicar. Dende o meu punto de vista o desenlace e demasiado deslabazado, moitos flecos soltos, evidentemente o autor faino voluntariamente, pero como lector, e non en todas, pero en esta sí esperaba outro tipo de final.
De todas formas a historia, a descripción dos personaxes a trama que se vai desenrolanda e potentísima. Sobre todo porque e algo inherente o galego, a figura do contrabandista que empeza co tabaco e como pouco a pouco vaise metendo na droga, co beneplácito de todo o pobo. E isto eu creo que en casi tódalas vilas galegas se da. Todos saben quen anda na droga, dende a policía  ata o cura do pobo, pero dalgunha maneira todos se benefician directa ou indirectamente dese capo, que vai medrando pouco a pouco e que o pobo, o equipo de fútbol todo medra o redor del. E isto Rivas descríbeno de maneira maxistral, e calquer galego que lea o libro dase conta  da tremenda realidade do que estamos lendo
Rivas deixa no aire a pregunta de si realmente non merece a pena, mirar hacia outro lado e beneficiarte, facerte rico, vivir a "vida padre" o carón do narcotraficante aínda que só sexa mirando hacia o outro lado, ou "pringar"toda a túa vida, vivir apretado sen ningún tipo de luxo nin para un mesmo nin para a súa familia, e iso é so algo que a conciencia de cada un pode contestar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario