miércoles, 30 de enero de 2013

ENGURRAS-PACO ROCA-EL PATITO EDITORIAL







Engurras é un comic que considero que debe ser leído, xa que te fai reflexionar sobre a vellez, sobre a soedade que pasán os anciáns nas residencias, fala tamén da crudeza e a devastación que causa no protagonista e nos outros compañeiros da residencia.
E un comic duro, pero eu creo que imprescindible para que a xente se decate do triste que debe ser acabar nunha residencia, algo impensable fai uns anos, sobre todo en pobos coma Moaña, pero co cambio da mentalidade na sociedade actual seguramente será algo normal nun futuro, dado que a xente busca por enriba de todo a comodidade e nadie está para aguantar a nadie, certo é que a veces esa decisión e ineludible, pero moitas veces podemos e debemos tratar de coidar dos nosos maiores, xa que aínda que seí que no fai falla dícilo, eles coidaron de nos o mellor que puideron e cecais devolver parte de ese amor debería ser unha obligación polo menos moral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario