martes, 21 de febrero de 2012

Xeración perdida. Francisco Castro. Galaxia





O autor transgrede o xénero narrativo tradicional e preséntanos uha obra liberada de ataduras de xénero, entre a novela, as memorias e a prosa poéticaA lectura das primeiras páxinas desprende unha sensación estrana no lector. O escritor, nun exercicio metaliterario, interrompe frecuentemente a descrición da acción e intervén, no seu rol de autor, manifestando a cada paso o seu ponto de vista sobre o propio exercicio da  literatura, (o uso de determinados substantivos, ou a sua posición en contra da descrición decimonónica (Flaubert), por exemplo), sobre  a política, a cultura, a movida viguesa, a infancia -que determina irremediablemente o carácter das persoas-, a xuventude e a violencia,  a veces de xeito reiterado e insistente

Xustifica con frecuencia o emprego dos seus recursos literarios, semellando unha obra teatral na que durante a representación se viran as tramollas e os movementos entre bastidores, e ata o apuntador, formando parte dunha obra global, ou unha película na que xunto ós personaxes apareceran cámaras, director, etc. Deste xeito o autor  eríxese no actor principal da novela convertindo o argumento nunha excusa para opinar, derivando a cada rato, calquera dato é unha boa excusa para abandonar o fío narrativo e entregarse á opinión. Está presente na historia,  é testigo de excepción, coñecedor dos personaxes e dos feitos que conta, pero o mundo da droga en sí non lle interesa especialmente, interésanlle as persoas da denominada xeración perdida, lamenta con rabia a estúpida perda de vidas debida a cegueira da xeración progre recén saída do franquismo Non hai referencias nin reflexións sobre os efectos alucinóxenos ou subxectivos da droga, ou da efémera felicidade contra natura, ou da necesidade que teñen os drogadictos de capturar uns cada vez máis escasos momentos de benestar. Non se mete na pel do drogadicto, na psicodelia, ou nos estados modificados da conciencia

O protagonista, Ricardo nesta historia, como Lisardo en Play Back, é un perdedor, adoita ser débil e inseguro, e o antagonista aparece confiado de si, pero éticamente reprobable.. 

A medida que transcorre a narración e o argumento gana protagonismo, hai presa por rematar



Periferia. Iolanda Zúñiga. Edicións Xerais de Galicia




Iolanda Zúñiga en "Periferia" mostra unha prosa densa que require unha lectura moi concentrada. Inclúe numerosas frases en portugués o que acrecenta a súa dificultade porque o lector debe interpretar dous códigos lingüísticos. Non hai puntos e a parte, nen diálogos, e con  frecuencia predomina un estilo informativo e documental. Desde este punto de vista parece máis unha crónica que unha novela.. Sucédense situacións diversas a unha velocidade pasmosa que descoloca, en algunas ocasións, ó lector. A veces son sucesións de datos estatísticos (páx. 46-47), enumeracións de cousas, ou de aspectos das cousas, sobre un telón de fondo que é outra sucesión de desgrazas: droga, prostitución, probeza. Ó final o narrador parece que padece “horror vacui”. Calquera elemento descriptivo é particularmente apto para introducir digresións e incisos no discurso(páx. 169) (recurso que utiliza moi frecuentemente e moitas veces con afán enciclopedista (-feromonas, pax. 170). O resultado de todo isto é que o lector percibe a sensación de ritmo provocado polo “estilo enumerativo”, si se pode chamar así, pero tamén porque o narrador fai unha escrita aparentemente compulsiva e suxeita ao  azar  porque a realidade descrita é tan poderosa que, mires donde mires, calquera detalle, aínda non sendo imprescindible, axuda a describir a situación social que a autora parece querer denunciar.
Parece que queda patente certo compromiso político do autor ou narrador, polo menos  certo punto de vista de denuncia das situacións inxustas que provoca o capitalismo. Como exemplo a digresión da morte do piloto A. Senna, permítelle situar o contraste  morte do piloto que paraliza ó país que se olvida das mortes e desgrazas cotías. 
A narración colle forza cado se personaliza nun protagonista (capítulo III)
Parece un libro escrito nun estado indignado e obsesivo, como se a viaxe a Brasil provocase unha grande ruptura coa percepción da realidade cómoda que vivimos os europeos. É desde este punto de vista, unha viaxe iniciática