martes, 21 de febrero de 2012

Xeración perdida. Francisco Castro. Galaxia





O autor transgrede o xénero narrativo tradicional e preséntanos uha obra liberada de ataduras de xénero, entre a novela, as memorias e a prosa poéticaA lectura das primeiras páxinas desprende unha sensación estrana no lector. O escritor, nun exercicio metaliterario, interrompe frecuentemente a descrición da acción e intervén, no seu rol de autor, manifestando a cada paso o seu ponto de vista sobre o propio exercicio da  literatura, (o uso de determinados substantivos, ou a sua posición en contra da descrición decimonónica (Flaubert), por exemplo), sobre  a política, a cultura, a movida viguesa, a infancia -que determina irremediablemente o carácter das persoas-, a xuventude e a violencia,  a veces de xeito reiterado e insistente

Xustifica con frecuencia o emprego dos seus recursos literarios, semellando unha obra teatral na que durante a representación se viran as tramollas e os movementos entre bastidores, e ata o apuntador, formando parte dunha obra global, ou unha película na que xunto ós personaxes apareceran cámaras, director, etc. Deste xeito o autor  eríxese no actor principal da novela convertindo o argumento nunha excusa para opinar, derivando a cada rato, calquera dato é unha boa excusa para abandonar o fío narrativo e entregarse á opinión. Está presente na historia,  é testigo de excepción, coñecedor dos personaxes e dos feitos que conta, pero o mundo da droga en sí non lle interesa especialmente, interésanlle as persoas da denominada xeración perdida, lamenta con rabia a estúpida perda de vidas debida a cegueira da xeración progre recén saída do franquismo Non hai referencias nin reflexións sobre os efectos alucinóxenos ou subxectivos da droga, ou da efémera felicidade contra natura, ou da necesidade que teñen os drogadictos de capturar uns cada vez máis escasos momentos de benestar. Non se mete na pel do drogadicto, na psicodelia, ou nos estados modificados da conciencia

O protagonista, Ricardo nesta historia, como Lisardo en Play Back, é un perdedor, adoita ser débil e inseguro, e o antagonista aparece confiado de si, pero éticamente reprobable.. 

A medida que transcorre a narración e o argumento gana protagonismo, hai presa por rematar



No hay comentarios:

Publicar un comentario