viernes, 9 de diciembre de 2011

Pastoral americana. Philip Roth


En USA, anos 60 e 70,  latexaba a guerra de Vietnam (1964-1975), pero demasiado intensamente no corazón do protagonista desta historia. En 1972 estalla o caso Watergate.
"Pastoral americana" é unha crítica profunda da sociedade americana e dos seus valores: o éxito e o patriotismo conforman unha superestructura  que acabará cedendo diante da pulsión da vida humana.  Roth parte de situacións cotiás e banais para, progresivamente, desencadear momentos de ruptura traumática. Os personaxes, presentados inicialmente dun xeito formal e amable, van desvelando as súas contradiccións no que supón unha viaxe desde a inocencia inicial hacia o abismo da destrucción personal. Roth difumina as barreiras entre o ben e o mal, entre a ética e a inmoralidade, entre o éxito e o fracaso, entre a vida ordenada e o caos, a razón e a sinrazón, entre a culpabilidade e a inocencia. O escritor, que traza complexos retratos psicolóxicos dos personaxes, sérvese da mirada poliédrica de Levov que procede, na análise da súa realidade, coma un cirurxán que profundiza  descubrindo traizóns ó tempo que se adentra na desesperanza.

Ollos de auga. Domingo Villar




Creo que é o 1º bestseller da historia da literatura galega. Traducido ó español, estivo nos primeiros postos de libros máis lidos durante algún tempo, foi traducido a outros idiomas e últimamente parece que optaba a algún premio de novela negra precisamente en Suecia, xa saben, Larsson, Mankell, etc.. A lectura de "Ollos de auga" é cómoda, está construída coa coñecida fórmula narrativa de asasinato + misterio-intriga + resolución final,  Os personaxes son entrañables, o inspector Caldas, que nos recorda ó Wallander de Mankell (soidade, certo desorden persoal), e o contrapunto do seu axudante Estévez (brután simpático). O ambiente: Vigo como escenario literario é resultón e exportable. A novela permítenos pasar un rato entretido e agradable e non ten nada que envexar a outras de literaturas máis distantes