sábado, 10 de septiembre de 2011

QUE ME QUERES AMOR-MANUEL RIVAS-GALAXIA


Unha auténtica obra maestra, un libro de contos dun nivel altísimo, calquera deles engánchate dende o principio ata o final, pero o que máis destacaría e o equilibrio na medida, a dificultade que ten e o acerto con que Manolo Rivas sintetiza a métrica dos contos. Son contos, que como o seu nome índica contan toda a historia sin que falte nin sobre nin unha coma, nin un punto, teñen a xusta medida e ós que parece que o final queda en suspenso tamén daste conta que ese era o final, que ahí non cabe máis, e para mín iso pareceme maxistral.
Destacaría e recomendaría encarecidamente dous contos por enriba de todos "A LINGUA DAS BOLBORETAS" e "VOSTEDES SERAN MOI FELICES", que son para meu entender dúas historias que deberían ser dexas lecturas obrigatorias para todo o mundo. Sobre todo para que os nenos paladeen o talento do autor e a elegancia da boa literatura.
Da Lingua das bolboretas dicir que ten unha versión cinematográfica tamén moi boa,e que un dos atinos da película e poñer a Fernando Fernán Gómez como personaxe principal, pois neste caso darlle a súa cara ó protagonista do conto eu creo que é perfecto, polo que representou Fernán Gómez para o cine e a literatura.

AMPLIACION DEL CAMPO DE BATALLA-MICHEL HOUELLEBECQ-ANAGRAMA


Historia dun traballador do campo da informática de clase media alta, insatisfeito co seu traballo, coa súa vida e coa sociedade en xeral. Como xuzga e desprecia as persoas coas que comparte a súa vida, dándose pouco a pouco conta de que o que realmente fracasoú foi él.
A mín o libro non me gustoú, creo que o autor trata de darlle en todo momento un punto de vista filosófico, moral a novela, pero non añade, non conta nada novo. Para mín e unha mala copia de Camus, introduce de forma un pouco forzada peroratas filosóficas que non veñen moi a conto, e logo o libro dalle un final que parece que o que quere conseguir e que con esa ambigüedade o lector pense por sí mesmo, pero dun xeito moi pouco orixinal.

RUIDO DE FONDO-DON DeLILLO-SEIX BARRAL BIBLIOTECA


A novela conta a historia dunha familia "típica" norteamericana, polo que eu coñezo como típica e dicir todo por influencia dos medios de comunicación(para ben ou para mal), o pai profesor universitario persoa acomodada, que ven de dous divorcios, a nai ama de casa e voluntaria na axuda social moi implicada na comunidade, un dos fillos coñecedor de internet, manexándose perfectamente nos conceptos de catástrofes nucleares, armas...Pero o argumento principal do libro é sobre a morte, o medo a morte que pode vir por unha enfermedade, unha catástrofe, ou de modo inesperado. O autor en forma de comedia vai reflexando como os personaxes vanse enfrentando a ese temor, que para él todos temos que ter, pero que nesta historia levanno o límite, deixando de vivir e de disfrutar da vida para tratar de atenuar ese temor. Dicir con todo meu respeto, ante un libro dun dos autores vivos que gozan de máis prestixio frente a crítica, que a mín o libro non me chegou, creo que unha parte do libro e moi plana, apenas hai sentimentos que te involucren na historia, que te fagan remexer, aínda que igual é a forma que o escritou quíxolle dar a esta novela ver todo dende certa distancia, como transmitir unha historia dende un punto de vista máis de tipo informativo que reflexivo.