lunes, 18 de julio de 2011

ELEGIA-PHILIP ROTH-LITERATURA MONDADORI



Elegía é a miña primeira incursión na literatura de Roth, narra a vida dun publicista de éxito xa retirado aqueixado de múltiples problemas de saúde, que volve a vista atrás para facer un repaso da súa vida.
O que realmente faime reflexionar; é como o autor relata o proceso de aillamento que se produce na sociedade en xeral. Cómo empezamos a vida con multitude de amigos, primos e demáis familia e como pouco a pouco ímolos deixando atrás. Un proceso polo que prácticamente pasa toda a sociedade moderna influenciada polo modo de vida actual (traballo,consumo, familia e como pouco a pouco vai deixando de lado os amigos, un proceso gradual, que moitas veces non é culpa dun mesmo senón da propia vida que te arrastra é a cal non logras controlar. Pero algún día, e isto é o que lle pasa o protagonista, daste conta da soedade na que vives, e tal vez o volver a vista atrás te dés conta de que as cousas non saíron como nalgún momento as planificaches, pero agora xa é tarde, pim pam pum e a vida pasou é un atópase o final do camiño. Senón disfrutaches o que puideches, senón elexíches o traballo adecuado e nunca tuveches o valor de cambiar, se deixaches escapar a muller da túa vida, trata de cambiar xa. Eso e o que o autor sen facer en ningún momento alusión a elo fainos ver, polo menos a mín. Se queres cambiar faino hoxe, non esperes, pois cando te dés conta a historia se acaboú, e todos sabemos que non hai volta atrás. Nadie pode volver a ser un neno, nin a ter 15 anos, nin 30, nin cuarenta así que hai que tratar de aproveitar cada segundo
Roth reflexiona cun deixe de amargura, pero sen facer unha crítica destructiva dos erros que un pode cometer na vida, deixando claro que son decisións que nese momento parecen as máis axeitadas, pero igual o día seguinte o dentro dalgún tempo daste conta que foron erróneas, moitas veces son reparables pero un deixase levar, pensas "agora xa está", e tal vez pasado un tempo arrepínteste de non haber actuado.
Evidentemente a todo o mundo gustaríalle chegar o final da súa vida e ver que todo o que fixo, e as decisións que adoptou foron as axeitadas, evidentemente iso é utópico, pero o que Roth fainos ver, pero ademaís de verdade, sacudíndote e dicindoche a cara "neno desperta", vive conforme as túas conviccións pero si realmente daste conta que estas errando, trata de enmendalo pois despoís será moi tarde.
Gracias sr.Roth