lunes, 17 de enero de 2011

Tiempo entre costuras. María Dueñas. Temas de Hoy






O éxito deste best-seller non foi precedido por un lanzamento editorial ó uso. Ao parecer foi sumando admiradores polo método do perigoso, por infeccioso, boca a boca. É unha novela histórica, de aventuras, romántica, ambientada principalmente no Protectorado Español do norte de Marrocos, durante o período que abrangue a Guerra Civil Española e ata a irrupción da Segunda Guerra Mundial. A protagonista da historia,Sira, de profesión costureira, pese aos seus oríxenes humildes e falta de formación, chega a codearse coa alta sociedade franquista e a exercer un efectiviísmo espionaxe a favor dos intereses ingleses durante a guerra española, primeiro en Tetuán e logo en Madrid e Lisboa.  As claves do seu éxito, a saber, exercer a profesión de modista entre as mulleres dos fachas españois e alemáns, de quenes sonsacaba a información, e estar pero que moi boa. Sira resulta unha personaxe ignorante, ñoña e cursi: "Lo mismo digo, señor Serrano -repliqué con un pestañeo", ou "Logan, sácame de aquí". Na novela, escrita en 1ª persoa a modo de memorias, a protagonista conta con todo tipo de detalles as situacións máis banais, pero amosa un pudoroso silencio cando vai á cama co seu noivo inglés. A pesares de que ó longo de todo o relato as situacións nas que se ve envolta resultan pouco cribles, a novela lese fácil, contén abundantes diálogos (-añadí, -pregunté, - dije)., a linguaxe e sinxela e plana, e excusa o emprego do dicionario, excepto cando se refire a términos relacionados co glamouroso mundo da moda, por outro lado prescindibles.. Ademáis, ó final de cada capítulo, corto, presenta unha dose de intriga suficiente para que o lector siga enganchado á súa lectura. A autora fai un auténtico esforzo por contarnos de xeito moi divulgativo o contexto histórico onde se desenvolven as aventuras de espías de Sira. Todos coñecemos, ou a todos nos soa, o golpe de estado do xeneral Franco, Serrano Suñer, et., así  que estamos nun terreo máis ou menos trillado ó que a autora engade outros personaxes históricos secundarios, menos coñecidos (Juan Beigbeder) , e anécdotas varias que introduce con grande habilidade a través dos personaxes secundarios: Félix, o 1º noivo na súa visita á Madrid...