jueves, 3 de noviembre de 2011

Autoria do cruceiro de San Martiño

7. Cruceiro das Angurias (Angustias)
Situado no lugar do Cruceiro (por iso tamén se chama Cristo do Cruceiro), nuhna encrucillada onde se xuntan camiños que veñen desde a Igrexa parroquial de Sam Martiño-Sabaceda-Xalde, do Casal e de Abelendo; a cen metros da Igrexa e a trescentos da carretera Moaña-Coiro-Cangas.
Consta de catro pasos de escalas, de planta exagonal; base circular rebaixada na arista superior para rematar coma se fora cúbica; na cara anterior desta base hai un par de ósos cruzados cunha calavera enriba. A columna é de fuste exagonal liso cunha peana na parte posterior sobre a que vai a figura de San Martiño, de expresión clemente, con roupas de abondo e bágoo. Ten un caipitel con volutas de tipo xónico; entre elas hai cabezas de anxeliños. A cruz, de sección rectangular, posee na cara anterior a Xesús Crucificado, con tres cravos, espido, cabeza caída, barba, pelo e coroa de espinos. Brazos non horizontais, xeonllos flexionados e pe dereito sobre o esquerdo; debaixo, unha calavera. Todo con formas bastante movidas. Na parte posterior represéntase a piedade da Virxe María con Xesús morto nos brazos.
Non ten inscricións. Está moi coidado e limpo. Non se pode precisa-lo ano nin o motivo da súa construccion -aínda que se lle botaron uns trescentos anos- pero sábese que foi feito por un tal Cerviño, canteiro analfabeto de Aldán-Cangas.
Foi restaurado fai seis anos coas aportacións dos vecinos. Pero según algúns, en troques de melloralo, o que se fixo foi mermalle o valor artístico, pois aseguran que as imaxes perderon xa a sua anterga nitidez. Ten uriha reixa de ferro arredor del; dentro déla hai tarros con plantas ó lado de farois que alumean de cotío alimentados polo aceite que os veciños lle botan.

1 comentario:

  1. OS CRUCEIROS DO CONCELLO DE MOAÑA

    Según reza no encabezamento de este traballo "Trabajo realizado por la Escuela Graduada de Quintela-Moaña, bajo la dirección de D. Jaime Iglesias González."

    E unha grata sorpresa saber que temos no noso concello unha obra de Cerviño, basta saber si corresponde a Ignacio ou a Xosé, unha beleza que hasta o día de hoxe permaneceu descatalogada da miña percepción. O que resulta de todo chocante e chamarlle analfabeto o "Mestre Cerviño". O mestre Cerviño (Ignacio ou Xosé, este último alcumado “Pepe da Pena”), non eran nados en Aldán, si ben hai teorías que os situan nesta parroquia a hora de executar o Cruceiro de Hio, eran naturales de Aguasantas (Cotobade), e o apelido o único vínculo que teñen en común.

    Mazarino

    ResponderEliminar