martes, 18 de octubre de 2011

EL INFORME DE BRODECK-PHILIPPE CLAUDEL-NARRATIVA SALAMANDRA



A novela narra a historia da xente dunha aldea na que tódolos seus habitantes se coñecen, en contrapunto as grandes cidades de hoxe en día. Aquí toda persoa que ven de fora é tratada con desconfianza e de xeito distinto dos membros da comunidade, e o relato vai narrando o que lle acontece a xente allea da comunidade, a forma en que unha comunidade acepta ou rechaza os extranxeiros, o diferente, o que non é habitual. Algo que ata moi pouco estaba ó orden do día en moitas aldeas e pobos de todo o mundo, e Moaña era ata non fai moito un exemplo perfecto,  da aldea que describe o protagonista da historia Brodeck, onde unha persoa doutra raza, orientación sexual ou de diferente relixión era sinalada por toda a comunidade.
Claudel nos fala da intolerancia, da mezquindade da xente, pero por enriba de todo da cobardía. Cobardía unida a ignorancia por parte da comunidade que se cerra en banda ó exterior pensando que esa é a única forma de supervivencia do seu modo de vida, aínda que eles mesmos pouco a pouco vanse dando conta, gracias as influencias exteriores dos seus propios defectos. E por outra banda a cobardía unida a resignación dos recen chegados, na que todos nos podemos vernos reflexados en moitos aspectos da vida, xa que moitas veces agachamos a cabeza nos conflictos contra persoas ou instancias que consideramos superiores, xa que nos vemos perdedores de antemán, e preferimos mirar hacia outro lado antes de enfrentarnos ó que a nosa conciencia dinos que é xusto e razoable, e iso pouco a pouco vai deteriorando a confianza en nos mesmos, e fai que busquemos a seguridade do noso microcosmos ou da nosa mini comunidade na que non permitiremos que ningún extraño poda romper os vínculos que tanto nos costou construir, polo que cada persoa forma sin darse conta esas comunidades que o autor describe con tanta brillantez nesta excelente novela.
Gustaríame acabar cunha frase extraída da novela, coa que o cura da aldea lle describe a Brodeck o ánimo da sociedade..."El miedo gobierna el mundo. Tiene a los hombres cogidos por los cojones. De vez en cuando, se los aprieta un poco, para recordarles que puede acabar con ellos cuando quiera. Contemplo sus rostros en mi iglesia, desde el púlpito. Los veo bajo su falsa placidez. Huelo su acre sudor. Lo huelo. Lo que les resbala por la raja del culo noe es agua bendita, créeme."...

No hay comentarios:

Publicar un comentario