sábado, 10 de septiembre de 2011

RUIDO DE FONDO-DON DeLILLO-SEIX BARRAL BIBLIOTECA


A novela conta a historia dunha familia "típica" norteamericana, polo que eu coñezo como típica e dicir todo por influencia dos medios de comunicación(para ben ou para mal), o pai profesor universitario persoa acomodada, que ven de dous divorcios, a nai ama de casa e voluntaria na axuda social moi implicada na comunidade, un dos fillos coñecedor de internet, manexándose perfectamente nos conceptos de catástrofes nucleares, armas...Pero o argumento principal do libro é sobre a morte, o medo a morte que pode vir por unha enfermedade, unha catástrofe, ou de modo inesperado. O autor en forma de comedia vai reflexando como os personaxes vanse enfrentando a ese temor, que para él todos temos que ter, pero que nesta historia levanno o límite, deixando de vivir e de disfrutar da vida para tratar de atenuar ese temor. Dicir con todo meu respeto, ante un libro dun dos autores vivos que gozan de máis prestixio frente a crítica, que a mín o libro non me chegou, creo que unha parte do libro e moi plana, apenas hai sentimentos que te involucren na historia, que te fagan remexer, aínda que igual é a forma que o escritou quíxolle dar a esta novela ver todo dende certa distancia, como transmitir unha historia dende un punto de vista máis de tipo informativo que reflexivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario