sábado, 10 de septiembre de 2011

QUE ME QUERES AMOR-MANUEL RIVAS-GALAXIA


Unha auténtica obra maestra, un libro de contos dun nivel altísimo, calquera deles engánchate dende o principio ata o final, pero o que máis destacaría e o equilibrio na medida, a dificultade que ten e o acerto con que Manolo Rivas sintetiza a métrica dos contos. Son contos, que como o seu nome índica contan toda a historia sin que falte nin sobre nin unha coma, nin un punto, teñen a xusta medida e ós que parece que o final queda en suspenso tamén daste conta que ese era o final, que ahí non cabe máis, e para mín iso pareceme maxistral.
Destacaría e recomendaría encarecidamente dous contos por enriba de todos "A LINGUA DAS BOLBORETAS" e "VOSTEDES SERAN MOI FELICES", que son para meu entender dúas historias que deberían ser dexas lecturas obrigatorias para todo o mundo. Sobre todo para que os nenos paladeen o talento do autor e a elegancia da boa literatura.
Da Lingua das bolboretas dicir que ten unha versión cinematográfica tamén moi boa,e que un dos atinos da película e poñer a Fernando Fernán Gómez como personaxe principal, pois neste caso darlle a súa cara ó protagonista do conto eu creo que é perfecto, polo que representou Fernán Gómez para o cine e a literatura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario