miércoles, 14 de septiembre de 2011

A Lonxa Literaria convoca o seu certame de microrrelatos

IX Certame de Microrrelatos Lonxa Literaria aterase ás seguintes bases:

1. Os microrrelatos deberán ser escritos en galego normativo, cunha extensión máxima de 15 liñas a dobre espazo e cunha letra tipo Times New Roman, nº 12. No texto deberá conter necesariamente a palabra balandro.
2. Convócase unha única categoría de participación á que se dotará dun premio dun lote de conservas da ría.
3. Se a calidade dos traballos presentados así o aconsella, nomearanse un ou dous accésits. De non acadar a calidade necesaria, o xurado poderá declarar o premio deserto.
4. Os traballos remitiranse en sobre sen remitente á LONXA LITERARIA, Centro cultural Daniel Castelao, Quintela s/n, 36950 Moaña, Pontevedra. Dentro deste deberase incluír outro sobre co título do relato no seu exterior e os datos do/a autor/a no interior.
5. Remitiranse tres copias de cada un dos microrrelatos antes do 31 de outubro de 2011.
6. O veredicto do xurado farase público o 19 de novembro do ano en curso. Por estas datas farase entrega dos premios que se debe recoller persoalmente ou por delegación expresa
7. A publicación do traballo premiado realizarase a través da páxina web desta asociación (www.lonxaliteraria.net). Non obstante, resérvase a posibilidade de publicación noutro tipo de soportes no futuro
8. O feito de concursar supón a aceptación destas bases e a resolución do xurado
9. O xurado do certame estará formado por dúas persoas de recoñecido prestixio do ámbito da literatura

No hay comentarios:

Publicar un comentario