jueves, 16 de junio de 2011

UNA CUESTION PERSONAL-KENZANBURO OE-ANAGRAMA


A novela  narra con mestría a historia de Bird, un profesor ó que lle nace un fillo cun grave problema de saúde, a partir desa situación Oé falanos da responsabilidade dos homes, tamén dos soños que todos temos pero que nunca cumpriremos, pois sempre buscamos unha excusa para postergalos pois dámonos conta finalmente que mellor que segan sendo soños.
Tamén nos fala do fracaso e frustación, das expectativas que cada un se pode marcar nalgún momento da súa vida, pero como co paso do tempo dámonos conta que o final non estamos no sitioo xa sexa profesional, ou persoal que tíñamos proxectado, e que cada vez é máis tarde para darlle a volta a determinadas situacións; moitas veces o río da vida nos arrastra e un ten que decidir se deixarse arrastrar, ou loitar contra a corriente.
No libro o autor reflexa a degradación do home en situación que non controla, a vergoña ante a opinión dos demáis, e isto faino cun ritmo esplenderoso.
A pesar de todo a decadencia moral do personaxe principal faite plantexar de vez en cando a posibilidade de  abandonar o libro, pero a habilidade do escritor a perfección da súa escritura crea a necesidade de continuar. A curiosidade faite seguir para ver se realmente acaba todando fondo, e a verdade que o acabar o libro ves que todo él mereceu a pena.
Na miña opinión unha obra maestra, pois dunha temática moi complicada o autor danos unha perspectiva completamente distinta dende un punto de vista ético e fai que o lector reflexione e chegue a comprender situacións que a sociedade califica de inmorais.

1 comentario: