miércoles, 15 de junio de 2011

Cosas que los nietos deberían saber. Mark Oliver Everett. Blackie Books


Confesa Mark Everett ó principio  deste libro que hai que ter un ego coma unha catedral para pensar que o relato da nosa vida pode interesarlle a alguén, pero o certo é que concretamente esta, a sua, é ben interesante. Dela -como sole dicirse, por exemplo, do porco- aproveitase  todo, non ten desperdicio.
Sobre todo faisenos cautivador o xeito en que nola conta: noutras mans este material memoria afundiría sen remedio nun mar de lacrimóxena autocompaixon.
Afortunadamente estamos diante dunha pluma desenvolta, inxeniosa e áceda:  imaxinade a un Bart Simpson relatando a sua infancia en Virxinia  "Dame un niño al que no le gusten los Beatles y te enseñaré a una mala persona", a sua adolescencia e formación: "El tiempo que pasé en la universidad lo dediqué a tocarme las narices, una actividad que ya había perfeccionado en el instituto" ou, finalmente, cumprindo na vida adulta en Los Ángeles o soño de vivir da musica, facendo a música que lle peta coa sua banda: EELS: "He necesitado todo este tiempo para empezar a sentirme cómodo siendo quien soy".
E sorprendente mirar como mantén o tipo,como se ri de si mesmo mentres o seu redor sucédense as traxedias: mortes, suicidios, accidentes,abandonos: "hubo tantos momentos lamentables que resulta difícil escoger uno de entre la larga sucesión de miserias que conservo en la memoria", solta, para pouco despois largarnos: "con Liz (a sua irmán) de vuelta en casa pudimos concentrarnos de nuevo en la crucial tarea de corromperme".
Frases cortas, veloces, linguaxe políticamente incorrecta: "a mi profesora la llamaremos "señorita Mala Puta", esperrechante, demoledor:" a una leyenda de verdad (fala de Van Morrison) no le hace falta proclamarse como tal; ni portarse como un capullo".
Transcribe moitas letras de cancións, das suas cancións, pero esto non corta o ritmo senon que enriquece a narración, pequenos poemas crudos e contundentes, cheos de referencias, un contrapunto musical á obra:

                    "Hoy me sentíaa asustado
                      escribe "estoy bien"
                     cien veces
                     dijeron los doctores:
                     Estoy bien
                     Estoy bien
                     no estoy bien"

Se cadra so restaría escoitar estas cancións, escoitar a EELS, para pechar un círculo perfecto.
En resumo: un pracer.

1 comentario: